realmente levamos andando xa un camiño longo... falando a nivel temporal, pode que 3 anos¿?, logo somos lentas coma tartarugas. ¿a grande diferencia? ,pois que agora tentamos facer as cousas un pouco máis serias, pero coa mesma ilusión e cariño, pero agora tendo unha estructura legal.
somos a parte comercial de promathea (pero que feo soa isto de comercia)l, como lamentablemente o mundo non é un dar e coller da sociedade (iso molaba, pero seguramente teriamos que madurar uns milleiros de anos máis) traballaremos por cartos, venderemos o noso tempo e pagaremos impostos para que se carguen o monte.
linuxlabouras :: remendos e apaños informáticos, tecidos con software libre, seguramente define ben a realidade e a nosa filosofía, non somos infalibles, nin tampouco os programas e servidores que usamos, pero estan ben. traballamos soamente con código libre, código da comunidade,, que podemos estudar, modificar, copiar e incluso gañarnos a vida con él. código que nos pertence a todas, como o aire que respiramos, a terra que pisamos e a auga que bebemos... bueno, realmente outra vez molaba que foran as cousas asi, máis non o son, pero se podemos escoller, e neste caso si podemos, escollemos como base compartir e colaborar.